
Gutier Rolán
Bio
Filmografia
Bio
Empecei a traballar no eido audiovisual no 2009 na produtora Aira Studio, onde adquirín experiencia en diversos aspectos da produción. Hoxe adícome a facer contidos audiovisuais diferentes para axencias e marcas (interactivos, spots, corporativos, animacións…), traballando en colaboración con outros profesionais. Encántame a publicidade porque me permite ser creativo e cada proxecto é unha nova aventura.
Desfruto involucrándome en todo o proceso creativo, aínda que as fases que máis me interesan son nas que se reescribe a historia: o guión, a dirección e a montaxe.
O meu soño é facer cine, pero mentres chegamos a iso, non paro de aprender facendo curtametraxes, documentais, teatro, videoclips… non me poño límites, se hai unha historia interesante que contar.
Se queres saber algo máis de min ou ver algúns dos meus traballos, podes visitar a miña web e LinkedIn ou buscarme noutras redes sociais: estou en Facebook, aínda que prefiro divertirme en Twitter ou explorar en Instagram.
Filmografia
VÍDEOS INTERACTIVOS:
- Stand R para Resurrection Fest e Portamérica. (Interactivo. quattro idcp.) 2017. Realización, edición e interactividade.
PUBLICIDADE:
- Siccas. (Spot. Cen Palabras.) 2016. Realización e edición.
- Feira Histórica Arteixo 1900. (Videos virais e resumos do evento. Concello de Arteixo.) 2014 e 2016. Dirección e edición.
- AESGAL Facendo empresa. (Spot para Internet. AESGAL.) 2015. Edición.
- Icon Dental Clinic Riazor. (Spot para emisión no estadio de fútbol de Riazor. Galimusic, BAP&Conde.) 2014. Dirección e edición.
- Cowoco – Creative coworking. (Spot para Internet. Cowoco.) 2014. Dirección e edición.
- WIKO y La Voz de Galicia. (Spot. Empatía Comunicación.) 2014. Motion Graphics.
- Suplementos de La Voz de Galicia. (Spot. Empatía Comunicación.) 2014. Motion Graphics.
- Qué te queda por hacer. (Campaña publicitaria. Estudio de interiorismo Iván Cotado.) 2013. Dirección e edición.
- El Hada de The Style Outlets. (Campañas publicitarias. Empatía Comunicación.) 2012 e 2011. Realización e edición.
- No es magia, es Retia. (Spot. Retia.) 2012. Dirección e edición.
- Memoria 2010 Cruz Roja en Galicia. (Campaña publicitaria. Neo.) 2011. Realización e edición.
- Pepinos. (Spot. Sudespacho.net.) 2009. Dirección e edición.
CORPORATIVOS:
- Indupanel. (Corporativo. Cen Palabras.) 2017. Realización e edición.
- SAR project by Tattoo. (Animación. Cen Palabras.) 2017. Motion graphics.
- 50 años Fundación Barrié. (Animación. Empatía Comunicación.) 2017. Motion graphics.
- Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago. (Corporativo. Xunta de Galicia.) 2017. Realización e edición.
- Incitus. (Corporativos e eventos. Incitus.) 2015, 2016 e 2017. Realización e edición.
- Sateliun. (Animación. Empatía Comunicación.) 2016. Motion graphics.
- Holy Bible. (Animación para app. Martín Villar.) 2016. Motion graphics.
- Quran Pro. (Animación para app. Martín Villar.) 2015. Motion graphics.
- Videos explicativos de servizos de R en motion graphics: axuda R, repareitor R, seguridade R, OK WiFi, SOS WiFi…
- Daisy Market. (Reportaxes e resumos durante os tres dias do evento. ExpoCoruña.) 2010. Realización e edición.
CINE:
- Teaser para o proxecto de longametraxe “Natural“. (En postproducción.). 2015. Dirección e montaxe.
- Cara a cara coa vida. (Documental. Aira Studio.) 2012. Dirección e edición.
- Trala parede. (Curtametraxe. Aira Studio.) 2010. Guión, dirección e edición.
- Slow food. (Curtametraxe. LAV.) 2009. Dirección e edición.
- 18.1. (Curtametraxe. Mr Misto Films.) 2008. Guión, dirección e edición.
- Botando por fóra. (Documental. Mr Misto Films.) 2008. Realización e edición en grupo.
TELEVISIÓN:
- Tempo de saúde. (Programa divulgativo, 40×5′. Galimedia para TVG.) 2015. Realización e edición.
- Es lo que hay. (Late Night Show On Line, 6×90′ Aira Studio.) 2013. Produción, realización e edición.
OUTROS:
- O Xardín das Pernas Roubadas. (Making of. La Tuerka Teatro) 2014. Dirección e edición.
- Vivir sin ti. (Videoclip. Capitán Morgan.) 2013. Realización e edición.
- Maruja da cansela. (Videoclip. Tonhito de Poi.) 2012. Dirección e edición.
- Rock in Theatre Capitán Morgan. (DVD concerto en directo, 155′. Mandeo Records.) 2011. Edición e operador de cámara.
- Admirando a condición. (Videoclip. Sés.) 2011. Edición.