pablo_fontenla

Pablo Fontenla

Bio
Bio

Pablo Fontenla (Vigo, 1979) comezou a traballar no sector audiovisual a principio deste século despois de estudiar imaxe na escola da Coruña e de abandoar as ciencias políticas.

A súa actividade profesional está vencellada principalmente á Televisión de Galicia e vai dende a realización de documentais ata programas divulgativos e informativos.

Despois de diversos cursos de arte dramático na universidade de Santiago de Compostela convertiríase nun dos membros fundadores da compañía Teatro da Falúa así coma colaborador doutros grupos.

Foi co-creador, co-guionista e actor da serie online “Canillejas“, finalista dos premios Mestre Mateo 2014.

Compartir